Contratos apoio investigación 2022

15/01/2022

O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta os seguintes contratos para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.

Proceso de selección

A selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. Se fóse necesario, as persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias nas técnicas e metodoloxías correspondentes. Posteriormente, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.

Requisitos e méritos

  • Formación regrada: Grao/Licenciatura ou equivalente e/ou posgraos afíns, priorizadas segundo o ámbito de cada contratación
  • Coñecemento demostrado na liña de investigación
  • Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación
  • Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación

Características da contratación

  • Duración: 5 meses a partir do 01/03/2022
  • Modalidade: Tempo parcial 15 horas/semana; horario indicado por contratación (modificable con acordo da persoa contratada)
  • Retribución bruta: 652,10 euros/mes
  • Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo, coa posibilidade de desenvolver parte ou a totalidade do traballo asociado de xeito telemático

Prazo

Envío da solicitude co CV (formato libre) ata o 31 de xaneiro de 2022 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non é necesario xustificar documentalmente os méritos.

 

1) Contrato 2022/01

  • Liña de investigación: Sociolingüística histórica
  • Ámbito: Filoloxía inglesa
  • Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación no estudo das prácticas epistolares na historia da lingua inglesa dende unha perspectiva lingüística e socio-pragmática; cataloguización e análise dos manuais e os seus contidos; revisión de etiquetación socio-pragmática de corpus.
  • Horario: luns, mércores e venres 09:00-14:00 horas.

2) Contrato 2022/02

  • Liña de investigación: Fragmentos en inglés contemporáneo
  • Ámbito: Filoloxía inglesa
  • Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación na busca e anotación de fragmentos de corpus etiquetado do inglés (BNC1994, BNC2014), preparación de resultados estatísticos, visualización e validación destes
  • Horario: luns, mércores e venres 09:00-14:00 horas

3) Contrato 2022/03

  • Liña de investigación: Adquisición fónica e conciencia fonolóxica
  • Ámbito: Filoloxías
  • Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación no tratamento e etiquetado de datos fónicos mediante PHON, Praat, etc.; apoio á elaboración de estudos científicos artículos relacionados con conciencia fonolóxica e adquisición da compoñente fónica; recollida de mostras fónicas e fisiolóxicas (EEG, NIRS)
  • Horario: mércores a venres 11:00 a 16:00 horas