Contrato apoio investigación 2022 (II)

03/02/2022

O proxecto de investigación Fragments (PID2020-117541GB-IOO), financiado pola Axencia Estatal de Investigación  e desenvolvido por membros do LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta o seguinte contrato para persoal de investigación con cargo ao antedito proxecto.

Proceso de selección

A selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. Se fóse necesario, as persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias nas técnicas e metodoloxías correspondentes. Posteriormente, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.

Requisitos e méritos

  • Formación regrada: Grao/Licenciatura ou equivalente e/ou posgraos afíns
  • Coñecemento demostrado na liña de investigación
  • Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación
  • Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación

Características da contratación

  • Duración: 5 meses a partir do 28/03/2022
  • Modalidade: Tempo parcial 15 horas/semana; horario indicado por contratación (modificable con acordo da persoa contratada)
  • Retribución bruta: 652,10 euros/mes
  • Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo, coa posibilidade de desenvolver parte ou a totalidade do traballo asociado de xeito telemático

Prazo

Envío da solicitude co CV (formato libre) ata o 20 de febreiro de 2022 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non é necesario xustificar documentalmente os méritos.

Contrato 2022/04

  • Liña de traballo: Análise segmental e entonativa de fragmentos en lingua inglesa.
  • Ámbito: Filoloxía inglesa.
  • Traballo a desenvolver:
    • Selección de fragmentos no Santa Barbara Corpus of American English.
    • Análise acústica segmental dos fragmentos seleccionados mediante Praat.
    • Análise dos patróns entonativos dos fragmentos seleccionados mediante Praat e anotación dos mesmos segundo as convencións ToBI para o inglés americano.
  • Horario: martes, mércores e xoves de 09:00 a 14:00 horas