Contratos apoio investigación 2021

07/07/2021

O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta os seguintes contratos para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.

Proceso de selección

A selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. Se fóse necesario, as persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias nas técnicas e metodoloxías correspondentes. Posteriormente, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.

Requisitos e méritos

  • Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente e/ou posgraos afíns
  • Coñecemento demostrado na liña de investigación
  • Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación
  • Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación

Características da contratación

  • Duración: 3 meses a partir do 1 de setembro 2021
  • Modalidade: Tempo parcial 12 horas/semana; luns a xoves de 11:00 a 14:00 horas
  • Retribución bruta: 775 euros/mes
  • Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo, coa posibilidade de desenvolver parte ou a totalidade do traballo asociado de xeito telemático

Prazo

Envío da solicitude co CV ata o 23 de xullo de 2021 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non é necesario xustificar documentalmente os méritos.

 

1) Contrato 2021/01

Liña de investigación: Variación morofosintáctica en World Englishes e creación de recursos para o seu estudo

Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:

  • busca de fontes de datos lingüísticos co fin de compilar un corpus textual de inglés contemporáneo
  • transcrición e anotación XML dos textos seleccionados
  • elaboración de informes
  • manexo das redes sociáis con fines académicos

 

2) Contrato 2021/02

Liña de investigación: Análise acústica de variedades estándares e non estándares de inglés falado e estudo cualitativo das actitudes do alumnado de inglés lingua estranxeira con respecto ás variedades analizadas

Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:

  • recollida de mostras de inglés falado de falantes non nativos/as e selección de mostras en corpus orais de inglés nativo
  • análise acústica mediante Praat de mostras de lingua oral en inglés de falantes nativos/as e non nativos/as, con especial atención á prosodia (entoación e ritmo) das variedades analizadas
  • estudo das actitudes do alumnado de inglés como lingua estranxeira con respecto ás caracterizacións prosódicas estándar e non estándar descritas acusticamente

 

3) Contrato 2021/03

Liña de investigación: Sociolingüística histórica

Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:

  • estudo das prácticas epistolares na historia da lingua inglesa dende unha perspectiva lingüística e socio-pragmática, en particular en relación ás “salutations” e “forms of address”
  • busca en arquivos, documentación, cataloguización e análise dos manuais e os seus contidos

 

4) Contrato 2021/04

Liña de investigación: Fragmentos en inglés contemporáneo

Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:

  • busca e anotación de fragmentos dun corpus etiquetado do inglés (ICE-GB mediante ICECUP)
  • preparación de resultados estatísticos, visualización e validación destes

 

5) Contrato 2021/05

Liña de investigación: Adquisición fónica e conciencia fonolóxica

Traballo a desenvolver: Apoio aos labores de investigación na liña de investigación:

  • tratamento e etiquetado de datos fónicos mediante PHON, PRAAT, etc.
  • apoio á elaboración de estudos científicos artículos relacionados con conciencia fonolóxica

 

escort bursa gorukle escort
escort bursa gorukle escort bursa
escort bursa escort bursa escort bursa escort bursa escort bursa alanya escort antalya escort havalimanı transfer
canlı bahis yap kaçak iddaa oyna illegal iddaa oyna illegal bahis siteleri illegal bahis oyna bahis siteleri
anal porno izle türbanlı porno izle travesti porno izle türk porno izle hd porno izle mobil porno izle