Contrato investigación 2020/2

13/02/2020

O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta un contrato para persoal de apoio á investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.

Requisitos e méritos:

  • Formación regrada: Ciclo formativo de grao superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma / administración de sistemas informáticos en rede.
  • Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación: extracción de datos textuais parsed, anotación XML, publicación de bases de datos en liña.
  • Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación.

Traballo a desenvolver e condicións contractuais:

  • Apoio a labores de investigación na liña de investigación: Extracción de estruturas sintácticas e patróns sistémico-funcionais nun corpus de inglés americano anotado sintácticamente (parsed); detección de pivotes e Themes do nivel textual sistémico-funcional e anotación XML destes; publicación de base de datos en liña.
  • Duración: 2 meses a partir do 16 marzo 2020.
  • Modalidade: Tempo parcial 15 horas/semana.
  • Retribución bruta: aprox. 800 euros/mes
  • Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo.

Proceso de selección:

A preselección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. As persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias no manexo e na anotación de corpus, así como nas técnicas estatísticas correspondentes. Trala entrevista, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.

Prazo:

Envío da solicitude co CV ata o 28 de febreiro de 2020 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non será necesario xustificar documentalmente os méritos.