O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta un contrato para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.
Requisitos e méritos:
- Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente.
- Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación: extracción de datos de corpus lingüísticos, xestión de bases de datos, técnicas estatísticas uni e multivariantes.
- Coñecemento demostrado en áreas de sintaxe sincrónica e diacrónica da lingua inglesa.
- Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación.
Traballo a desenvolver e condicións contractuais:
- Apoio a labores de investigación na liña de investigación: Búsqueda de fontes de datos lingüísticos co fin de elaborar unha base de datos de construcións suplementivas (free adjuncts) na historia recente da lingua inglesa; creación da base de datos; elaboración de informes trala aplicación de técnicas estatísticas.
- Duración: 3 meses a partir do 18 maio 2020.
- Modalidade: Tempo parcial 12 horas/semana.
- Retribución bruta: 650 euros/mes.
- Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo, coa posibilidade de desenvolver o 100% do traballo asociado de xeito telemático.
Proceso de selección:
A preselección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. As persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias no manexo de corpus e base de datos, así como nas técnicas estatísticas correspondentes. Trala entrevista, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.
Prazo:
Envío da solicitude co CV ata o 24 de abril de 2020 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non será necesario xustificar documentalmente os méritos. MOI IMPORTANTE: O cómputo do prazo de presentación de candidaturas manterase e reanudarase no momento no que perda vixencia o Real Decreto 463/2020 e mailas súas prórrogas.