O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta un contrato para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.
Requisitos e méritos:
- Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente.
- Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación: transcripción de textos, compilación de corpus lingüísticos, codificación de textos en linguaxe XML, etc.
- Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación.
Traballo a desenvolver e condicións contractuais:
- Apoio a labores de investigación na liña de investigación: Búsqueda de fontes de datos lingüísticos co fin de compilar un corpus textual de inglés contemporáneo; anotación XML dos textos seleccionados; elaboración de informes.
- Duración: 2 meses a partir do 8 xuño 2020.
- Modalidade: Tempo parcial 12 horas/semana.
- Retribución bruta: 650 euros/mes
- Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo.
Proceso de selección:
A preselección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. As persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias no manexo e na anotación de corpus, así como nas técnicas estatísticas correspondentes. Trala entrevista, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.
Prazo:
Envío da solicitude co CV ata o 31 de marzo de 2020 ao correo electrónico: elena.seoane@uvigo.es. Na fase de selección, non será necesario xustificar documentalmente os méritos.