Contrato investigación 2019/1

15/03/2019

O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta un contrato para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.
Requisitos e méritos:
  (i) Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente.
  (ii) Cursos de formación especializada relacionados coa liña de investigación a desenvolver.
  (iii) Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación: publicacións, participación en proxectos afíns, etc.
Traballo a desenvolver e condicións contractuais:
  . Apoio a labores de investigación na liña de investigación: Extracción de datos lingüísticos dun corpus textual de inglés moderno e contemporáneo con anotación XML: construcións non finitas adverbiais (adxuntos libres); creación dunha base de datos lingüística; anotación/codificación de variables lingüísticas; tratamento estatístico dos datos; elaboración de informes.
  . Duración: 5 meses a partir de abril 2019.
  . Modalidade: Tempo parcial 12 horas/semana.
  . Retribución bruta: 650 euros/mes
  . Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo.
Proceso de selección: A pre-selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. As persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias no manexo e na anotación de corpus, así como nas técnicas estatísticas correspondentes. Trala entrevista, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.
Prazo: Envío da solicitude co CV ata o 29 de marzo de 2019 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non será necesario xustificar documentalmente os méritos.

escort bursa gorukle escort
escort bursa gorukle escort bursa
escort bursa escort bursa escort bursa escort bursa escort bursa alanya escort antalya escort havalimanı transfer
canlı bahis yap kaçak iddaa oyna illegal iddaa oyna illegal bahis siteleri illegal bahis oyna bahis siteleri
anal porno izle türbanlı porno izle travesti porno izle türk porno izle hd porno izle mobil porno izle