Universidade de Vigo

Contrato investigación 2019/2

 | 

O grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), pertencente ao Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, oferta un contrato para persoal de investigación con cargo á axuda GRC da Xunta de Galicia.
Requisitos e méritos:
  (i) Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente.
  (ii) Cursos de formación especializada relacionados coa liña de investigación a desenvolver.
  (iii) Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación: publicacións, participación en proxectos afíns, etc.
Traballo a desenvolver e condicións contractuais:
  . Apoio a labores de investigación na liña de investigación: Extracción de datos lingüísticos dun corpus textual de inglés moderno e contemporáneo con anotación XML: construcións de complementación non finita en predicados con alternancia sintáctica; creación dunha base de datos lingüística; anotación/codificación de variables lingüísticas; tratamento estatístico dos datos; elaboración de informes.
  . Duración: 5 meses a partir de abril 2019.
  . Modalidade: Tempo parcial 12 horas/semana.
  . Retribución bruta: 650 euros/mes
  . Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo.
Proceso de selección: A pre-selección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. As persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias no manexo e na anotación de corpus, así como nas técnicas estatísticas correspondentes. Trala entrevista, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.
Prazo: Envío da solicitude co CV ata o 12 de abril de 2019 ao correo electrónico: jperez@uvigo.es. Na fase de selección, non será necesario xustificar documentalmente os méritos.