Oferta contrato colaborador de investigación a tempo parcial

22/09/2020

CONVOCATORIA para a contratación dun/ha colaborador/a de apoio á investigación no proxecto Re-ViEW: A register approach to morphosyntactic variation in World Englishes and compilation of resources for its study (The International Corpus of English - Gibraltar), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades do Goberno de España (FFI2017-82162-P). Este proxecto pertence ó grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation), do Departamento de Fioloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo.

Duración: 02/11/2020 a 31/12/2020.

Modalidade: Tempo parcial, 37 horas/semana.

Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus de Vigo / Remoto (COVID-19)

Requisitos e méritos:

Formación regrada: Grao/Licenciatura en Estudos Ingleses ou equivalente.

Experiencia demostrable nas tarefas a desenvolver na liña de investigación: manexo das redes sociáis con propósitos académicos, transcripción de textos, compilación de corpus lingüísticos, codificación de textos en linguaxe XML, etc.

Experiencia de traballo e colaboración en equipos de investigación da área de investigación.

 

Traballo a desenvolver e condicións contractuais:

Apoio a labores de investigación na liña de investigación: Búsqueda de fontes de datos lingüísticos co fin de compilar un corpus textual de inglés contemporáneo; transcripción e anotación XML dos textos seleccionados; elaboración de informes; manexo das redes sociáis con fines académicos.

Proceso de selección:

A preselección de persoas candidatas farase segundo a valoración dos "Requisitos e méritos" por unha comisión formada por membros do grupo de investigación. As persoas candidatas coas puntuacións superiores serán convocadas a unha entrevista na que se avaliarán as súas competencias no manexo e na anotación de corpus, así como nas técnicas estatísticas correspondentes. Trala entrevista, a comisión publicará a listaxe das persoas seleccionadas e de reserva. Se a avaliación non é satisfactoria, a comisión poderá declarar deserta a oferta de contrato.

Prazo:

Envío da solicitude co CV ata o 1 de outubro  de 2020 ao correo electrónico: elena.seoane@uvigo.es. Na fase de selección, non será necesario xustificar documentalmente os méritos.