O seminario sobre o programa Praat de análise acústica, impartido por José María Lahoz Bengoechea (Universidad Complutense de Madrid) terá dúas partes. A primeira parte estará encamiñada a ofrecer unha introdución sobre o programa e os elementos básicos para o seu manexo técnico, ademais de cuestións de análise acústica segmental -- espectrogramas, curva de f0, formantes, intensidade o pulsos glotais. A segunda parte estará dirixida á análise entoativa.
O seminario celebrarase o 18 de outubro de 2021, de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00, en aula por confirmar na Facultade de Filoloxía e Tradución. Agradécese o financiamento da axuda GRC do grupo LVTC (Xunta de Galicia). Organizan: Laboratorio de Linguaxe e Cognición e grupo LVTC.